![NANDA E REBECA NANDA E REBECA](https://vacalouras.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/NANDA-E-REBECA-scaled-qm7i6452dzvs39typmlbddbhohyc82b5ww6pt395wo.jpg)
Vacalouras
audiovisual sostible
Somos Nanda e Rebeca, dúas profesionais do audiovisual galego con máis de 25 anos de experiencia no sector.
Ao longo destes anos traballamos no departamento de Arte, tanto en ficción como en publicidade. A nosa traxectoria profesional está claramente marcada polo saber facer, a imaxinación, a capacidade de adaptación e a máxima implicación en cada proxecto no que nos embarcamos.
En 2021 creamos Vacalouras S Coop Galega co fin de aportar o noso grao de area para mellorar o planeta, e de paso conciliar.
A nosa forma de vida e traballo xa incluía unha alta implicación co coidado do medioambiente, así que de forma orgánica integramos a sostibilidade no proxecto Vacalouras.
Ampliamos a nosa formación e recursos para poder aportar solucións, tambien en sostibilidade, para cada desafío. A nosa dilatada experiencia e a creatividade son os nosos puntos fortes.
Temos unha visión global e realista de todo o proceso de producción, o que nos converte nuhas aliadas para proxectos audiovisuais de máis calidade e máis sostibles.
Confían en nós:
![](https://vacalouras.com/wp-content/uploads/2024/05/LOGO-ALBERT-768x489.jpg)
![](https://vacalouras.com/wp-content/uploads/2024/05/IMG_4503-768x542.jpg)